é un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos.
Neste eido, Polo Correo do Vento leva xa feito un longo percorrido,
en multitude de centros de ensino, bibliotecas, museos,
Feiras do Libro, librarías e centros socioculturais,
dende a aparición dos 7 libros da colección do mesmo nome,
Cada actividade dos Contos Ilustrados divídese en tres bloques,
nos cales desenrolamos unha temática didáctica de xeito lúdico.
Primeiramente, Enrique Mauricio argallará unha historia de xeito oral, namentres Carlos Taboada debuxará un mural in situ,
vencellado ó conto. Despois, espallarémonos no seu contido a través duha rolda de prensa coa axuda dos dous.
Primeiramente, Enrique Mauricio argallará unha historia de xeito oral, namentres Carlos Taboada debuxará un mural in situ,
vencellado ó conto. Despois, espallarémonos no seu contido a través duha rolda de prensa coa axuda dos dous.
Para rematar, entre todas e todos, debuxaremos unha personaxe do conto, guiados por Carlos Taboada, pasiño a pasiño, e o máis importante: sen medo ningún!!
Porque sempre quedan todas moi moi riquiñas!!
Tamén se pode narrar por medio de imaxes, debuxos, fotografías..
..a creatividade non ten cancelas e hai que estar dispostos a experimentar cousas novas!!
..ou por medio da linguaxe de signos!!
e chegar á xente..
Iso si, é moi importante manter sempre o misterio..
E sobre todo facer ferver o maxín..
Ás veces, a historia enceréllase e podemos precisar axuda,
por exemplo, un Mapa..
..pero é imprescindible facelo con moita enerxia, deixando a alma en cada lance!!
E darlle o noso toque persoal, a nosa xeitura, o noso swing!!
E entón, faremos que a historia fale por si mesma..
..ata colarnos coma polisóns nesta longa viaxe..
..psss!!
Escoitade..a historia comeza así..
No hay comentarios:
Publicar un comentario